BIBLIOTECA CREATIVA

CURSO 2019-2020

Este curso iremos colgando aquí as actividades que se van facendo ao abeiro do programa biblioteca creativa. 
Aquí estou para presentarvos o reto do mes, nesta ocasión  empregaremos a mesa de luz e iremos deixando as fotografías que  se van facendo nos distintos cursos.
O RETO DO ALUMNADO DE 5º E 6º
























CURSO 2018-2019
Este curso, continuamos no proxecto Escornabot, que muda de nome e pasa a chamarse BIBLIOTECA CREATIVA, nesta lapela imos ir subindo o que traballamos ao abeiro deste proxecto. 
E comezamos colgando unhas fotografías do noso espazo Cast@maker:






Nas últimas datas tivemos varias novidades dentro do noso Cast@maker, por unha banda deixámosvos unha fotografía do noso muro lego: 

E por outra deixamos unha fotografía dun deseño realizado coa 3D,posto que nos rompeu o enganche dun dos pés de micro da Cast@radio e decidimos elaboralo coa impresora, aquí vos deixamos o resultado:


 E para rematar coas novidades, deixovos unhas fotografías da nosa rapazada xogando con diferentes materiais do Cast@maker:









Tal e como vos contamos en Halloween elaboramos un xogo que chamamos "Pilla Escornabot" e para que poidades xogar se así o desexades o alumnado de 5º coa colaboración de algunha alumna de 6º elaboraron un vídeo explicativo do mesmo:

Este curso estamos de estrea, posto que temos un novo xogo no noso CAST@MAKER para crear videoxogos que se chama Bloxels, aquí vos deixamos un pequeno vídeo no cal parte do noso alumnado vos explican como se xoga e o que estamos experimentando co mesmo.
O primeiro que fixemos foi empregar os Escornbots e outro que temos en forma de rato para os obradoiros do Samaín. 
Elaboramos un xogo que consistía en salvar a diferentes personaxes de Halloween, unha bruxa, unha pantasma, unha cabaza...do monstro rouba cores. Aquí vos deixo as fotografías deste día:

























DENDE ESTE CURSO, ESTAMOS NO PROXECTO ESCORNABOT, UN PROXECTO EXPERIMENTAL PARA INTRODUCIR A ROBOÓTICA DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR ENTRE O NOSO ALUMNADO. 
 Nesta lapela, iremos publicando todos os traballiños que vaiamos facendo cos nosos robots.
VÍDEO REALIZADO PARA A FORMACIÓN ONLINE DO CURSO DE FORMACIÓN DO PROXECTO


Empregamos os escornabots, no magosto deste ano!!!









TRABALLOS DO CURSO DE FORMACIÓN DOS ESCORNABOTS


















 
Aquí vos deixo un vídeo resumo dos xogos tradicionais que elaboramos, polo momento cos escornabots, aínda que cómpre sinalar que estamos elaborando máis que subiremos paulatinamente, segundo os vaiamos rematando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario