CADERNOS VIAXEIROS

CURSO 2017-2018
Rapazada, coma cada ano vouvos ir subindo a esta lapela, as fotografías daqueles traballos que vaiades traendo coas Mochilas Viaxeiras, que como xa sabedes levades de maneira voluntaria ás vosas casas para traballar coas vosas familias. Aquí vos deixo unha pequena escolma dos traballiños que estamos a recibir, non sen antes lembrarvos que debedes escribir nos cadernos sen faltas de ortografía e coidando a presentación, posto que non deixa de ser unha tarefa escolar que vai de casa en casa.Moitas grazas pola vosa participación e aceptación nesta iniciativa da Consellería.





































Rapaces comeza a segunda volta das mochilas viaxeiras, espero que vos gusten!

Boas rapaciños aquí vos deixo outra remesa de traballiños que atopamos nos cadernos viaxeiros, agardamos que vos gusten !








Aquí vos deixo os cadernos viaxeiros desta semana, por unha banda o traballiño da familia Rodriguez Aguiar, de 2º de primaria que traballou o libro de "te quiero( casi siempre) de Ana Llenas. E pola outra a familia Souto Ventín de 1º de primaria que traballou o libro 4 estacións.







Aquí están os cadernos viaxeiros desta sexta semana de viaxe das mochilas viaxeiras, agardo que vos gusten:
























Boas rapaciños hoxe engadovos un vídeo para que vexades unha parte do traballo realizado esta semana pola familia De León Torre, en canto teña o resto dos cadernos ireinos subindo. Saúdiños.


Rapaciños, ahí van as fotografías da quinta semana que as nosas mochilas andan rondando de casa en casa.
 Queremos felicitar dende aquí á varias familias pola súa implicación na mochila viaxeira, a familia Fentanes Diz, pola realización do barquiño que se pode ver na fotografía,a familia Rodriguez Aguiar polo traballo realizado no caderno viaxeiro . Así coma a familia Álvarez Acebedo  pola realización do forte que se pode ver na fotografía.
Tamén queremos lembrar que é unha actividade familiar e escolar, polo tanto o que pretendemos e que traballedes xuntos e fagades cousas das cales nos fagades participes, para que poidades compartir o placer da lectura compartida e do tempo en familia, pero lembrade empregar boligrafo á hora de escribir no caderno, e procurar coidar a presentación dos traballos.


 





Cuarta semana dos cadernos viaxeiros...






Terceira volta dos cadernos viaxeiros....


Ola rapaciños ! 
Coma cada martes, a miña axudante pasou polas aulas para ver recoller as mochilas e darllas ao seguinte compañeiro,e para ver os traballiños que facedes en familia. Aquí tedes unha pequena escolma dos caderniños que levamos ata o de agora.




OLA RAPAZADA!

Aquí están estes primeiros cadernos viaxeiros, para que poidades ver os traballiños que van facendo os vosos compañeiros e compañeiras. Agardo que vos gusten tanto coma a min estes primeiros traballiños. Saúdos 
Castañón!









Ningún comentario:

Publicar un comentario