IV SEMANA DO KAMISHIBAI

Ola rapazada:
Como xa sabedes a vindeira semana é unha data especial, xa que é o día do libro,e na nosa escola como xa vai sendo tradición adicámola ao Kamishibai, que é un teatro chino que se empregaba para contar historias.
 Nesta ocasión tedes que facer unha historia relacionada coa arte.
Estou agardando con ansia as vosas historietas!


Aquí vos deixo o programa para que saibades cando é a vosa quenda:

Saúdos, Castañón!!!!!

MES DA ARQUITECTURA

Ola rapazada:
Como xa sabedes, este ano estamos adicando cada mes a traballar unha arte, e este pasado mes de marzo tocoulle a quenda á ARQUITECTURA. Esta vez na biblioteca apareceron uns paquetes misteriosos, e cada aula tivo que coller un destes agasallos. Unha vez abertos descubrimos que eran uns crebacabezas de diferentes edificios que debería montar o alumnado coa axuda dos seus mestres /as e posteriormente investigar sobre o mesmo, a arquitectura, o arquitecto, o país onde se ubica, en fin... cada aula como quixo e posteriormente, o derradeiro día do trimestre fixemos a exposición ante o resto do alumnado e do profesorado para darlles a coñecer o edificio e o resultado da nosa investigación. 
De seguido podense observar os vídeos e as fotografías tanto das exposicións coma dos monumentos:


Agardo que vos guste tanto coma a min Saúdos Castañón!