25 N. XINCANA POLA IGUALDADE

Ola rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes o pasado domingo foi o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. E na nosa escola, tivemos una actividade a cargo da empresa Imaxina, financiada polo Concello de Cerdedo-Cotobade. Esta actividade tivo lugar na biblioteca da escola, estivo dirixida ao alumnado de primaria, e consistíu en realizar primeiro a visualización duns vídeos onde se trataban, a través de debuxos animados, diferentes micromachismos. Posteriormente tivo lugar un coloquio e chegou o intre de traballar en grupos os papeis das princesas de Disney e facer unha enquisa sobre quen é o encargado/a das tarefas do fogar.
Unha vez rematado o coloquio cambiamos de espazo e dirixímonos ao ximnasio onde tivo lugar unha ximncana de tarefas do fogar, na cal en pequenos agrupamentos flexibles,  o noos alumnado foi pasando polas diferentes estacións, nunha delas había que colgar a roupa, noutra doblala, noutra fregar a louza, outra era de maquillaxe, outra de peiteado, de varrer, e a derradeira era de conducir un coche.
Coma sempre vos digo vale máis unha imaxe ca mil palabras por iso deixovos aquí as fotografías desta xornada a prol da igualdade e contra a violencia de xénero.






















































 Saúdos, Castañón.

ENTREGA DE DIPLOMAS DO V CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS

BOAS RAPAZADA:
Hoxe tivo lugar a entrega de diplomas do V Concurso de Ambientación de Portas. Aquí vos deixo as fotiños para que vexades que orgullosos posan os flamantes gañadores.

 TRIPLE EMPATE NO TERCEIRO POSTO: 

ALUMNADO DE 3 E 5 ANOS


ALUMNADO DE 6º DE E.P.



 ALUMNADO DE 5º DE E.P.


  
2º CLASIFICADOS : 1º E 2º DE E.P. 

  
GAÑADORES: ALUMNADO DE 4 ANOS

PARABÉNS A TODOS !!

DÍA DA PALABRA

Boas rapazada:
Como xa sabedes onte, día 20 de novembro, celebramos o Día da Palabra na nosa escola. Para esto elaboramos unha TÁBOA PERIÓDICA DOS MUSEOS CIENTÍFICOS. Esta actividade consistíu en que relacionar a visita aos MUSEOS CIENTÍFICOS  da pasada semana coa ciencia. Para isto buscamos palabras propias de cada un dos museos e elaboramos un debuxo nunha tarxeta,  con todas elas fixemos unha táboa periódica.  

Para conmemorar o día da palabra baixamos á entrada da escola e cada alumno/a dende 3 anos ata 6º tivo que explicar que palabra escolleu, que é e o que significa e o porque da súa decisión.

Aquí vos deixo o resultado, e no vídeo tedes o proceso de como fomos creando a táboa pasiño a pasiño.





Saúdos Castañón

SAÍDA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Boas rapazada! 

Como xa sabedes este ano estamos a investigar no cole sobre a CIENCIA, por iso o pasado martes día 13 de novembro, e aproveitando a semana da ciencia, os vosos profes leváronvos Á Coruña para visitar os tres museos científicos que hai alí. 
A xornada comezou coa visita Á CASA DAS CIENCIAS, posteriormente visitastedes o PLANETARIO,e despois fostedes visitar o DOMUS, e rematastedes unha tarde de ciencia visitando o ACUARIO. 

Para que vos lembredes desta experiencia aquí vos deixo un vídeo resumo desta xornada científica. 

Agardo que vos guste tanto coma a min, e a próxima saída que fagades a ver se vos lembrades de min e me levades con vós ... que eu tamén quero ver mundo!!!

 Saúdos Castañón

HALLOWEEN 2018

BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes o pasado 31 de outubro celebramos o Samaín na nosa escola e tivemos o xa tradicional concurso de cabazas e catro obradoiros polos cales foi rotando todo o noso alumnado.
Os obradoiros que tivemos foron os seguintes: un obradoiro de maquillaxe, un de creación de manualidades e de fotografías de medo, un escornabótico e o derradeiro de conxuros no cal elaboraron un slime.
Aquí vos deixo un vídeo resumo desta xornada, non sen antes agradecervos a todos os participantes do concurso de cabazas, xa que teño que dicir que este ano aumentou a calidade das mesmas.
Aquí vos deixo o código QR que podedes escanear para disfrutar do vídeo QR Code - HALLOWEEN 2018 Castañón.

V CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS

BOAS RAPAZADA:

Como xa sabedes o pasado mércores, día 24 de Outubro foi o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, e coma cada ano, coincide co meu aniversario, e co concurso de ambientación de portas. 
  O primeiro que teño que dicirvos é  que estou moi moi agradecido de cumprir cinco anos ao voso carón.Fixestesme moi feliz co voso agasallo, cantandome os parabéns no comedor...e fíxome unha especial ilusión escoitar á rapazada de 3º e 4º cantarme no programa e para que vexades o fermoso que estaba e os vosos agasallos deixovos unhas fotiños!


E o segundo que teño que contarvos é a resolución do V CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS:

 1º  CLASIFICADO CON 60 PUNTOS A AULA DE 4 ANOS:




2º CLASIFICADO CON 40 PUNTOS A AULA DE 2º DE E.P.
 E NA TERCEIRA POSICIÓN POR VEZ PRIMEIRA NA HISTORIA DESTE CONCURSO TEMOS UN TRIPLE EMPATE CON 30 PUNTOS:
A AULA DE INFANTIL DE 3 E 5 ANOS, A AULA DE 5º DE E.P E A AULA DE 6º DE E.P.


EN CUARTA POSICIÓN E CON 25 PUNTOS ACADADOS TEMOS Á PORTA DE A.L.

EN QUINTO LUGAR E CON 20 PUNTOS ACADADOS TEMOS Á AULA DE MÚSICA

O RESTO DAS PORTAS PARTICIPANTES COMPARTEN O SEXTO POSTO XA QUE NON ACADARON NINGÚN PUNTO E SON AS QUE APARECEN DE SEGUIDO:
 AULA DE 1º DE E. P.:

AULA DE 3º DE E.P.
AULA DE 4º DE E.P.


PARABÉNS A TODOS E MOITAS GRAZAS A TODOS POLOS AGASALLOS DO MEU ANIVERSARIO!!
SAÚDOS ,CASTAÑÓN!!