DÍA DA PAZ 2017

Boas rapazada:
Como xa sabedes, este ano estamos traballando o cine, e para conmemorar o día da Paz, levamos a cabo unha xornada de cine pola Paz onde cada grupo de alumnos visualizou e traballou unha película e posteriormente realizamos entre todos un collage de cine, onde aparecen diferentes imaxes  ou ben de carátulas de películas ou imaxes das mesmas. Tal é como se pode ver nas seguintes fotografías:

Ademais disto tamén elaboramos, entre todos, un paseo da fama polo corredo da entrada, onde aparecen todo o alumnado e os mestres, cando eran pequenos. Foi unha actividade moi divertida e entretida para nenos e maiores. Aquí vos deixo unhas imaxes para que o comprobedes:




Para finalizar deixovos un vídeo resumo destas actividades.
Agardo que vós guste!
E xa sabedes...para calquera cousa, Castañón sempre á vosa disposición!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario