IV SEMANA DO KAMISHIBAI

Ola rapazada:
Como xa sabedes a vindeira semana é unha data especial, xa que é o día do libro,e na nosa escola como xa vai sendo tradición adicámola ao Kamishibai, que é un teatro chino que se empregaba para contar historias.
 Nesta ocasión tedes que facer unha historia relacionada coa arte.
Estou agardando con ansia as vosas historietas!


Aquí vos deixo o programa para que saibades cando é a vosa quenda:

Saúdos, Castañón!!!!!

MES DA ARQUITECTURA

Ola rapazada:
Como xa sabedes, este ano estamos adicando cada mes a traballar unha arte, e este pasado mes de marzo tocoulle a quenda á ARQUITECTURA. Esta vez na biblioteca apareceron uns paquetes misteriosos, e cada aula tivo que coller un destes agasallos. Unha vez abertos descubrimos que eran uns crebacabezas de diferentes edificios que debería montar o alumnado coa axuda dos seus mestres /as e posteriormente investigar sobre o mesmo, a arquitectura, o arquitecto, o país onde se ubica, en fin... cada aula como quixo e posteriormente, o derradeiro día do trimestre fixemos a exposición ante o resto do alumnado e do profesorado para darlles a coñecer o edificio e o resultado da nosa investigación. 
De seguido podense observar os vídeos e as fotografías tanto das exposicións coma dos monumentos:

Agardo que vos guste tanto coma a min Saúdos Castañón!

PEGATINAS IDENTIFICATIVAS

OLA RAPAZADA:
Como xa sabedes hoxe na nosa escola apareceron unhas pegadas no chan que saen dende a biblioteca e que van ata a Cast@_radio coa intención de unir ambos espazos. O alumnado de 1º e 2º pasouno estupendamente saltando de pegada en pegada!
Ademais disto, apareceron outras pegatinas identificativas dos espazos e dos proxectos nos que participamos dende a biblio. Cómpre sinalar que neste intre estamos a artellar como facer o Espazo Cast@_maker, e á volta das vacacións de Semana Santa xa será unha realidade e subiremos ás fotografías. 
Polo momento aquí vos deixamos as fotos desta mañá.





DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN



Ola rapazada!
Hoxe é o día mundial do Síndrome de Down e aproveitámolo para elaborar un logo en thinkercard, e posteriormente imprimilo coa impresora 3D, e despois o alumnado de 5º e 6º decorouno con rotuladores permanentes.
Aquí vos deixo as fotografías. Agardo que vos guste. 
Saúdos 
Castañón!



21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Ola rapazada:
Hoxe celebramos na nosa escola o día mundial da poesía e para isto levamos a cabo uns APADRIÑAMENTOS POÉTICOS, nos cales o alumnado de 3º ata 6º apadriñaron ao alumnado de infantil e de 1º e 2º. 
Nesta ocasión decidimos elaborar os apadriñamentos con poemas en beizos de muller, fixemos varias listaxes en función da linguaxe na que estaban escritos e en función da boca na que estaban escritas, se estaban en beizos de homes ou de mulleres.





De seguido aparecen as fotografías do día de hoxe:
































FELIZ DÍA DA POESÍA!!!

XOGOS STEM OU STEAM

Ola rapazada:
Hoxe estreamos na nosa biblioteca un xogo novo de robótica para o alumnado de infantil, é un rato que ten que acadar un anaco de queixo elaborando diferentes percorridos e estimulando así a lateralidade e a orientación espacial. Este é un xoguete STEAM. Pero...

QUE É UN XOGUETE STEM OU STEAM?
Son xoguetes educativos que axudan aos rapaces a desarrollarse nas catro grandes disciplinas educativas CIENCIA, TECNOLOXÍA, INXENERIA, MATEMÁTICAS E ARTE.
Con estes xoguetes buscamos estimular a creatividade e a capacidad para a resolución de retos e de problemas, en resumo son unha evolución dos xoguetes educativos de sempre.

E polo de agora parece  que acertamos coa nova incorporación xa que a miña rapazada fica para o xogo  abraiada.








Saúdos Castañón!!

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Ola rapazada:
Hoxe deixovos aquí unhas fotos duns lazos realizados coa impresora 3D, polo alumnado do centro para conmemorar o día da muller traballadora. Posteriormente á súa impresión pegaronos cun ananaco de cinta de doble para poñelo coma un broche. Aquí vos deixo as fotiños.