MOCHILAS VIAXEIRAS!

CURSO 2016-2017

O pasado martes día  11 de outubro comezaron a súa nova andaina ás mochilas viaxeiras, puxémos 6 en marcha, unha para cada curso de primaria. Preparámolas con moito agarimo para vós agardamos que vós gusten e xa estou desexando que chegue o vindeiro martes para ver os traballiños que fixestedes coas vosas familias nos cadernos viaxeiros.

Grazas pola vosa colaboración familias !


CURSO 2015-2016


 O pasado mércores día  14 de outubro comezaron a súa nova andaina ás mochilas viaxeiras, puxémos 6 en marcha, unha para cada curso de primaria, xa estou agardando ao vindeiro mércores  para ver os traballiños dos cadernos viaxeiros. 
Grazas pola vosa colaboración familias !


DÍA 22/04/15
Coma cada martes chegaron á escola as mochilas viaxeiras, e nesta ocasión o científico De León Torre sorprendeunos cun vídeo cheo de experimentos. Grazas cientifíco! 
Agardo que vos guste tanto coma a min!

DÍA 03/02/2015



 Como cada martes, chegan a escola as mochilas viaxeiras, para intercambialas co seguinte compañeiro ou compañeira, nesta ocasión a familia  Rodríguez Sobral, agasallounos cun divertido porquiño que fixeron en familia, a partires dun libro que ía dentro da mochila de sexto. Grazas familia!
















DÍA 20/01/2015.


Coma cada martes, recibimos as mochilas viaxeiras, nesta ocasión a familia De León Torre fixo un traballo estupendo, empregando ovos como materia prima. Aquí vos deixo unha imaxe do  sorprendente  traballiño. Parabéns familia.





DÍA 25/11/2014.

Coma cada martes recibimos na nosa escola as mochilas viaxeiras, esta vez foi a familia Bouzas Soutelo, a que nos trouxo un traballo moi fermoso feito cun libro da mesma, para construir marionetas. Aquí vos deixo unha imaxe da rapaza orgullosa e leda do seu traballo feito coa súa familia durante a estancia da mochila no seu fogar.

GRAZAS FAMILIA!  SAÚDIÑOS CASTAÑÓN!


DÍA 14/10/2014.
Hoxe foi un gran día na nosa escola, xa que as nosas mochilas viaxeiras comezaron a súa viaxe por segundo ano consecutivo. 
Estou desexando ver os cadernos viaxeiros para ver o ben que o pasades coas vosas familias, desfrutando do pracer da lectura. Como valen máis unha imaxe que mil palabras aqui vos deixo a foto dos encargados en dar comezo esta viaxe.














A que están guapos os meus amiguiños?                                                 Saúdos... Castañón!


DÍA 17/06/2014.  "A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS CHEGA A SÚA FIN" 
Rapaciños este ano, púxemos por primeira vez en marcha as mochilas viaxeiras, gustouvos a experiencia? 
Eu xa estou a cavilar en que vos vou gardar nelas para o próximo curso. Pero para finalizar vouvos deixar unhas fotografías dun traballo realizado por un alumno e a súa familia. Agardo que vos gusten.
E xa sabedes para calquera cousa....
Castañón sempre á vosa disposición.



Grazas a familia de León Torre por este fermoso agasallo para a biblio!!


DÍA 21/01/2014. Como cada martes, chegan as mochilas viaxeiras, ao noso centro e esta vez temos que felicitar a  familia De León Torre, polo traballo realizado tanto no caderno viaxeiro coma elaborando unha xirafa en familiz. Como vale máis unha imaxe ca mil palabras aquí vos deixo unhas cantas para que valoredes vós mesmos.
                           



 




  Saúdos, Castañón!

DÍA 10/12/2013 GRAZAS FAMILIA!


Hoxe  estou moi ledo, como cada martes,chegaron á escola as mochilas viaxeiras, e quero felicitar a familia Barreiro Martínez tanto pola súa implicación como pola reportaxe tan interesante que me envíaron á biblioteca.Deixóvos unha imaxe da páxina do caderno viaxeiro para que o valoredes  vós mesmos.

 GRAZAS FAMILIA!


 


SAÚDOS, CASTAÑÓN!!




DÍA 19/11/2013 "COMEZA A ANDAINA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS"

Xa comezaron a súa andaina as nosas mochilas viaxeiras, puxemos a andar  catro mochilas, dúas para o primeiro ciclo, unha por aula, outra para o segundo ciclo e a derradeira para o terceiro ciclo. A iniciativa está sendo un éxito, todos querían levar a mochila para as súas casas!.
Estes son os catro primeiros afortunados, agardamos con ansia que chegue o vindeiro martes, para saber a súa opinión e das súas familias, e para que a mochila vaia percorrendo todos os fogares do noso alumnado.

1º Curso:  Andrea Alonso Cuíñas
2º Curso: Alberto Gallego Blanco
2ºCiclo:Mariana Rodriguez Pazos
3º Ciclo:Naiara Bouzas Sestelo









DEICA OUTRA, CASTAÑÓN.

 DÍA12/11/2013. " LIBROS QUE VAN E VEÑEN "
Hoxe fíxose o reparto das mochilas que nos enviaron dende a Asesoría de Bibliotecas, dentro do programa,"Libros que van e veñen",entre todo o alumnado de infantil. Estas, serven para levar á casa  os libros da biblioteca e fomentar así a inquedanza pola lectura e o gusto por ler. 
Todos estaban moi ledos.E como vale máis unha imaxe que mil palabras

... AHÍ VAN AS FOTIÑOS!!!

                                          3  ANOS







           4 ANOS 
                                         5 ANOS  

A  QUE ESTÁN GUAPOS? 
SAÚDOS CASTAÑÓN. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario