DOCUMENTAL O ANO DO CINEMA EN CARBALLEDO

BOAS RAPAZADA: 
Hoxe escribovos por dous motivos, o primeiro presentarvos o documental que realizou o alumnado de 5º e 6º, sobre o que traballamos este ano no colexio. Hai que salientar que este documental se realizou con numerosas actividades realizadas, pero que como se soe dicir non están todas as que son, pero si que son todas as que están. 

Cómpre sinalar que foi un proxecto marabilloso para todos nós, posto que aprendemos moitisimas cousas e sobre todo traballamos en numerosas ocasións de xeito colaborativo e cooperativo entre todo o alumnado do centro, e moitas outras de maneira internivel ou mesmo de maneira individual nas aulas. Xa estamos pensando e artellando noutro para o vindeiro curso, pero teremos que cavilar para atopar un tema tan interesante coma este e polo tanto imos agardar ata setembro para saber que ideas traen os novos profes que veñan ao cole e así, entre todos, proporvos un novo P.D.I. (Proxecto Documental Integrado) que nos deixe tan bo sabor de boca coma o que acabamos de rematar.


E o segundo motivo, e non menos importante desexarvos a todos unhas felices vacacións e informarvos que permaneceremos pechados ata setembro, o que non implica que se paren as lecturas, posto que temos moito, moitisimo tempo de lecer e sempre debedes atopar un anaquiño para ler. 

VEMONOS EN SETEMBRO!!!
SAÚDOS  
CASTAÑÓN!


1 comentario: