ENTREVISTA EN RADIO NOVA

Ola rapazada;
Hoxe estou aquí para contarvos o que andan a artellar polo corredor  de arriba, posto que os rapaces de 5º e 6º van participar no concurso de espantallos do Concello de A Lama,e van presentar, como non podía ser de outra maneira uns ESPANTALLOS DE CINE!!
Elaboraron unha representación da gravación dunha curta, onde se poden atopar actores, actrices, dobres, cámaras, directoras de vestiario, perruqueiras e maquilladoras e así ata doce espantallos que poderedes ver na ruta do Barbeira a partires desta semana e ata o día 10 de xuño que serácando se coñecerá o veredito do xurado.
Con iste motivo achegouse á nosa escola a unidade móbil de Radio Nova para entrevistar aos nosos amigos de 5º e 6º. 
Deixovos o enlace para que poidades escoitar a súa primeira intervención polas ondas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario