MÁIS FOTIÑOS DO ENTROIDO

Rapaciños e rapaciñas aquí vos deixo máis fotiños do pasado venres, para que vos lembredes do guapos que estabamos todos. Saúdos Castañón!

Entroido

Ola rapaciños e rapaciñas!
Aquí vos deixo un pequeno resumo do pasado venres, o día do Entroido, o cal, como xa sabedes, xirou entorno ao noso P.D.I, " Os nosos bosques" Agardo que vos guste tanto coma a min! Grazas pola participación de pequenos e maiores e agardo que o pasarades ben!! Saúdos Castañón!!!

ENTROIDO

Ola rapaces, rapazas,familias...! Hoxe estou moi nervoso, porque estamos a entrar na miña semana favorita de todo o ano...A semana do Entroido!! Eu xa teño preparado o meu disfrace e vós? como levades os vosos? Xa sabedes que este ano o tema vai relacionado co noso P.D.I, " Os bosques",poden ser bosques autoctonós, imaxinarios, fantásticos... POñede a vosas imaxinacións a voar e... Preparadevos para festexar! 
Saúdos Castañón!

Día da Paz e da Non Violencia Escolar.

Ola Rapaciños! Aquí vos deixo o vídeo en lembranza da xornada do día da Paz, na cal , como xa sabedes fixemos unha sesión de lecturas compartidas, de cantigas e ilustracións para conseguir aportar entre todos o noso grao de area e conseguir así colaborar en acadar a tan ansiada Paz mundial. Agardo que vos guste. Saúdos, Castañón!