UNHA AVENTURA MOI ESPECIAL

Ola rapaces! Hoxe estou moi ledo porque os rapaciños e rapaciñas de 2º fixeronme un agasallo moi especial.Un conto feito por eles co profe Andrés. Aquí vos queda para que poidades desfrutar tanto coma a min coa súa lectura:
GRAZAS RAPACES!

O BOSQUE DOS DESEXOS DE NADAL

Ola rapaciños! Aquí estou de novo para felicitarvos as festas e para amosarvos un vídeo-resumo dos traballo que fixeron os meus rapaciños e rapaciñas nos corredores da nosa escola. Este ano fixemos entre todos, e con axuda das familias, un BOSQUE DE DESEXOS DE NADAL, conssitía en que cada alumno/a trouxo á escola unha bola decorada e na cal pedían un desexo de Nadal, pero non podía ser nada material. Ademais disto tamén fixeron de xeito cooperativo unha árbore con libros expurgados. Agardo que vos guste tanto coma a min! Saúdos. Castañón!!